Cargando resultados...
O Celta-Raio Vallecano da xornada 37, declarado de alto risco
O duelo podería ser clave para as aspiracións europeas dos dous equipos
G24.gal
07/05/2025 13:56
Última actualización 07/05/2025 14:03
O encontro da xornada 37 de LaLiga EA Sports que enfrontará en Balaídos ao Celta contra o Raio Vallecano, previsto en principio para o día 18 de maio ás 19:00 horas, foi declarado como de alto risco pola Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte.
O duelo, que este curso xa se enfrontaron en Vallecas o pasado 10 de xaneiro con triunfo para o cadro madrileño por 2-1, podería ser clave para as aspiracións europeas dos dous.
Con trinta e catro xornadas disputadas ata o momento, o Celta é sétimo con 46 puntos, dous máis que o Raio Vallecano, que é oitavo empatado co Osasuna e o Mallorca