O Celta quixo recuperar a Rubén Blanco, pero o Olympique de Marsella negouse
Denis Suárez asinará por tres temporadas no Vilarreal
Rubén Blanco continuará no Olympique de Marsella. O Celta quería recuperalo neste mercado de inverno. Está cedido na entidade francesa. Malia que non é o porteiro titular, Rubén gañou a confianza dos dirixentes do Marsella, que pensan en facerse cos seus servizos en propiedade.
Mentres, o futuro de Denis Suárez está no Vilarreal. Asinará por tres temporadas. En principio o contador deste contrato ponse a funcionar o día un de xullo. Pero hai pequenas opcións de que o Celta e o Vilarreal cheguen a un acordo e Denis adiante a súa chegada ao Madrigal neste mes de xaneiro. Opcións mínimas porque o Celta quere recuperar unha parte do investimento. Pide cinco millóns de euros. Denis prefire esperar e saír coa liberdade malia que cumpriría un ano sen xogar. Un ano na bancada que lle custa ao Celta cinco millóns de euros.