Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta quere sacar á venda os asentos dos abonados que non vaian a Balaídos

O Celta quere sacar á venda os asentos dos abonados que non vaian a Balaídos

É unha das propostas que estuda o club para recuperar público no estadio

G24.gal 22/12/2021 15:52

Falamos en Zona Mixta con Pepe Méndez, presidente da Federación de Peñas do Celta sobre as medidas que pretende tomar Raúl Rivas, novo responsable para a atención aos abonados do club vigués.

O Celta pretende que volva a xente a Balaídos no número de hai dous anos

O novo resposable de Área Social do RC Celta, Raúl Rivas, empeza a debullar as ideas que manexa para atraer máis xente a Balaídos e recuperar parte do público perdido as últimas tempadas.

Víctor López comentounos que son varias as medidas que pretende o Celta a través do novo responsable de cara a que a xente volva ao estadio:

  • Variar prezos segundo o día da semana que se celebren os partidos ou o momento do ano en que se xogue, por exemplo
  • Solucionar o tema dos "asentos baleiros" dos abonados que non van a Balaídos. Estas entradas poderíanse vender como fan outros clubs. Sería unha medida xa a curto prazo e cun repartimento entre socios e club que favorecese aos dous.
  • Organizar eventos extraordinarios ao finalizar os encontros como concertos, sorteos ou outro partido de fútbol.

José Méndez, presidente das Peñas: “É unha boa medida, benefícianse as dúas partes”

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade