O Celta presenta as súas oito fichaxes
A tribuna de Balaídos ateigouse para darlle a benvida a Swedberg, De la Torre, Óscar, Unai, Carles Pérez, Marchesín, Mingueza e Paciencia
O Celta presentou en Balaídos as súas novas fichaxes para esta temporada. Un a un foron aparecendo pola orde de chegada ao club neste mercado de verán: Swedberg, Luca de la Torre, Óscar, Unai Núñez, Mingueza, Marchesín, Paciencia e Carles Pérez recibiron o agarimo da afección celeste.
Logo chegou o momento dos discursos. Carles Pérez non dubidou en recoñecer que prefire marcar un gol a dar unha asistencia. Swedberg quedouse coa bancada dicindo que a do Celta é a mellor afección de Galicia ... e de España. Luca de la Torre explicou que o 23 é pola admiración que lle ten a Michael Jordan. Marchesín definiu a perfección a palabra 'Afouteza' e Mingueza quixo recalcar que este ano pelexarán por Europa.