O Celta precisa unha vitoria para evitar unha crise máis profunda
Recibe en Balaídos o Almería, pechacancelas da Primeira e que aínda non gañou ningún partido
Benítez non poderá contar con Aspas, Tapia e Swedberg
Este venres xoga o Celta, unha nova final por salvar os postos de descenso ante o Almería. Un partido decisivo en que Benítez non contará con dous xogadores importantes, nin Renato Tapia nin Iago Aspas. Tampouco entrou na convocatoria Williot Swedberg cunha escordadura de nocello.
Gañarlle ao Almería é clave para evitar unha crise máis profunda en que quedaría moi tocado o adestrador Rafa Benítez. O técnico madrileño cre que o Almería, que é o pechacancelas, xogará en Balaídos con menos presión que o seu equipo
O adestrador vigués segue aferrándose aos seus tres anos de contrato e preguntáronlle se pensaba cumprilos mesmo na Segunda División. O Celta non gaña na casa dende o 3 de xaneiro e dos últimos 6 encontros sacou un pobre botín de 4 puntos. Malia iso, Benítez atrévese a ser optimista.