Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta remata a xira por Suíza goleando o Grasshopper (0-3)

O Celta remata a xira por Suíza goleando o Grasshopper (0-3)

Ilaix, El Abdellaoui e Durán marcaron os goles

Javi Rodríguez tivo que retirarse cunha posible fractura dos ósos propios do nariz

G24.gal 29/07/2025 16:25 Última actualización 29/07/2025 16:42

O Celta pechou a xira por Alemaña e Suíza cunha goleada diante do Grasshopper, o partido máis cómodo dos cinco que xogou ata o de agora. Un partido que tiña encamiñado antes do cuarto de hora do primeiro tempo cos goles de Ilaix Moriba e Younes El Abdellaoui, que está a aproveitar este tempo de preparación para deixar detalles moi positivos. 

Claudio comezou cun esquema de 4-3-3, diferente ao que empregou en boa parte do campionato pasado. Radu foi o porteiro titular e na defensa sufriu un contratempo, a lesión de Javi Rodríguez que tivo que marchar antes da media hora logo dun golpe co seu compañeiro Yoel Lago. Témese que padeza a fractura dos ósos propios do nariz. 

No segundo tempo Giráldez aproveitou para realizar numerosos trocos, entre outros o de Iago Aspas, que foi o máis aplaudido pola numerosa parroquia galega que acompañou o equipo en Zürich. 

Ao pouco de comezar o segundo tempo, Pablo Durán marcou o terceiro tanto para un Celta cada vez máis feito e coas ideas claras do que quere para esta temporada. 

O seguinte amigable será o vindeiro venres diante do Nacional portugués e tamén o poderemos ver na Televisión de Galicia e en Agalega.gal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade