Garcés: "Houbo ofertas concretas con cantidades que solucionaban todos os problemas"
Xogadores como Iago Aspas, Marcos Alonso ou Carl Starfelt, xa teñen ofertas de renovación sobre a mesa
A venda de Bryan Zaragoza foi unha boa operación para o Celta "que saca beneficios da mesma, reduce a débeda e aumenta o límite salarial"
O Celta aproveitou o mercado de inverno para retocar o equipo con tres incorporacións pensadas para reforzar o bloque máis que para axitar o escaparate.
O director deportivo recoñeceu que houbo moitas ofertas que rexeitaron.
"Houbo ofertas concretas e consultas que falaban de cantidades que solucionasen todos os nosos problemas, pero preferimos non falar delas. O que lograron foi deixarme sen soño cinco días"
A volta de Fer López achega frescura e versatilidade en ataque, mentres que a chegada do uruguaio Matías Vecino suma experiencia e oficio a un centro do campo que necesitaba pouso competitivo.
En defensa, a fichaxe de Álvaro Núñez reforza unha liña que buscaba fiabilidade e alternativas para a segunda volta.
O movemento máis significativo no capítulo de saídas foi a de Bryan Zaragoza, que deixa Vigo antes do previsto e priva ao equipo de desborde e verticalidade en banda. Con todo, foi unha boa operación para o Celta, xa que saca beneficios da mesma. E aumenta o límite salarial
"O Celta saca beneficios da operación de Bryan, é algo destacable"
Garcés recoñeceu que xogadores como Iago Aspas, Marcos Alonso ou Carl Starfelt, xa teñen ofertas de renovación sobre a mesa