Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna despide a Liga cunha derrota no campo da Real Sociedade B (2-0)

O Celta Fortuna despide a Liga cunha derrota no campo da Real Sociedade B (2-0)

Decidiron en Zubieta os goles de Goti e Merino no engadido dos dous tempos

Os de Fredi rematan de oitavos unha meritoria temporada

Foto: @CanteiraCeleste
G24.gal 24/05/2025 21:10

O Celta Fortuna non puido botarlle o pano a unha boa temporada cunha vitoria en Zubieta. Caeu por dous a cero, co que pecha a Liga nun meritoria 8º posto.

A Real Sociedade B, que buscaba a mellor posición posible de cara á promoción de ascenso, saíu máis metida no partido. E aí emerxeu a figura de César. O porteiro celeste, titular nas últimas xornadas, protagonizou dúas intervencións de moito mérito nos primeiros minutos. Especialmente nun man a man de Orobengoa que sacou co pé.

O Fortuna agardaba polas súas accións, e a mellor da primeira media hora foi un envío a Óscar Marcos, que rematou de primeiras, pero parou Fraga. A Real Sociedade B seguiu achegándose con perigo, pero os seus dianteiros non tiñan axustada a puntería, e os remates saían moi desviados. Isto foi así, con ata cinco remates desviados, e outro parado por César, ata que apareceu Goti no minuto 45 para rachar o empate. Foi nunha boa xogada desde a frontal que acabou cun remate raso pegado ao pau.

Na segunda parte a Real Sociedade B seguiu dominando, e creando as mellores ocasións. O filial vigués tamén tivo algunha, como nunha cabezada á saída dun córner que sacou con apuros Fraga. A Real Sociedade B ía asegurar o terceiro posto de cara á promoción de ascenso cun segundo tanto, xa no tempo engadido. Levou a sinatura de Merino. O Sanse prepárase para o play off de ascenso, e o Celta Fortuna pecha unha meritoria temporada no 8º posto con 53 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade