Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna cae goleado no seu asalto ao liderado en Tenerife (4-0)

O Celta Fortuna cae goleado no seu asalto ao liderado en Tenerife (4-0)

Aos de Fredi, que xa perdían no minuto 2, non lles saíu nada

Burcio foi expulsado na segunda parte despexando o camiño illeiro

O Tenerife fuxe a catro puntos dos vigueses

G24.gal 15/11/2025 23:23

O Celta Fortuna saiu goleado do Heliodoro, nun partido diante do líder que se torceu desde o inicio, e que pudo rematar cunha malleira aínda máis ampla.

O Tenerife adiantouse na primeira oportunidade que tivo. Un roubo no centro do campo desencadeou unha rápida contra que culminaba Enric Gallego. Os de Fredi non eran quen de crear perigo, mentres os tinerfeños remataban con moito perigo, obrigando a empregarse a fondo a Coke Carrillo. Fabricio rematou tamén ao traveseiro á saída dun córner. Hugo González era o único argumento ofensivo dos vigueses, pero non estivo atinado. E Álvaro Marín bateu co poste nunha contra que foi anulada pola colexiada Olatz Ribera, nunha arbitraxe moi protestada polos vigueses. Xusto na acción seguinte, antes do descanso, o Tenerife ampliaba a renda nunha rápida combinación que culminaba Jesús de Miguel.

O cadro local volveu golpear á volta de pausa, nunha acción na área que Rivera Olmedo sinalou como penalti logo dun lixeiro agarrón de Meixús, que mantivo tras consulta co monitor. Pero Nacho Gil non aproveitou o penalti, lanzouno fóra. 

Despois chegou unha xogada que ía ser determinante. O segundo cartón a Burcio por obstaculizar o saque dunha falta. En inferioridade, o Celta Fortuna viuse totalmente superado, aínda que, pouco despois, unha pisada de Enric Gallego sobre Meixús foi revisada, e a árbitra saldouna cun cartón amarelo.

Os minutos finais foron de acoso do Tenerife, que marcou outros dous goles por medio de Ulloa e Baldé, con Coke facendo algunha intervención máis que evitou un maior castigo. A única dos vigueses tívoa Somuah, que rematou moi mal.

A goleada lanza aos tinerfeños no liderado con 25 puntos, catro máis co Celta Fortuna.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade