Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna acada unha remonta incrible contra o Talavera (4-3)

O Celta Fortuna acada unha remonta incrible contra o Talavera (4-3)

O cadro manchego marchou 0-3 ao descanso logo dunha primeira metade en que foi moi superior

O filial deulle a volta ao encontro na segunda metade, na que marcou 4 goles

O cadro de Fredi suma xa 21 puntos e segue de segundo

G24.gal 08/11/2025 18:09

O Celta Fortuna remontou un partido que parecía totalmente perdido. Logo do 0-3 ao descanso, os de Fredi reaccionaron de xeito incrible na segunda metade, para acadar unha nova vitoria que os asenta como segundos clasificados.

Na primeira metade so houbo un equipo sobre o céspede de Barreiro. O Talavera impuxo a súa lei e, sobre todo, tivo todo o acerto de cara a porta. Coke tivo un par de boas intervencións, pero non puido facer nada na acción que abría a conta, cando Sergio Montero aproveitaba un balón solto á saída dun córner. Era o minuto 20.

O Celta Fortuna acusou o golpe, e dez minutos máis tarde ampliábase o castigo, nunha acción desafortunada en que Luis Bilbao acababa anotando na súa propia portería desde a frontal.

E, aínda na primeira metade, a última acción deixaba o choque aparentemente sentenciado. Foi nun saque de banda, cun bo movemento de David Cuenca que marcaba entre as pernas de Coke

O paso polos vestiarios mudou totalmente o encontro. Entraban no campo Joel López, Angelito e, sobre todo Hugo González, e o filial comezou a remonta. No minuto 54 chegaba o 1-3, logo dunha acción colectiva culminada por Andrés Antañón. E. dous minutos despois, era Joel López o que anotaba o segundo á saída dun córner de Hugo González. O propio dianteiro valenciano estableceu o 3-3 no 73, nun remate lonxano e coa colaboración involuntaria de Jaime González.

Os últimos 20 minutos foron de acoso total por parte do Celta Fortuna, que gozou dalgunhas ocasións, e cazou o premio do 4-3 noutro erro do porteiro visitante, logo dun disparo lonxano que quedou morto. Apareceu Bernard Somuah, que acababa de entrar, e remachou á rede para culminar unha histórica remonta do Celta Fortuna, que segue lanzado neste inicio de temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar