O Celta fai oficial a destitución de Eduardo Coudet
Pechan unha relación que comezou en 12 de novembro do ano 2020

O Celta fai ofical no seguinte comunicado, a destitución de Coudet:
Chacho Coudet e o seu corpo técnico desvincúlanse do R. C. Celta tras unha frutífera etapa, que comezou o 12 de novembro do ano 2020. O técnico arxentino abandona por tanto o club tras dous anos nos que o equipo ofreceu un gran rendemento.
Coudet chegou ao R. C. Celta nunha situación delicada, xa que o conxunto celeste estaba penúltimo na táboa clasificatoria. Esa tempada, o equipo acabou oitavo tras unha espectacular remontada. A pasada campaña, o R. C. Celta acabo na undécima posición. O club, tras esta difícil decisión, quere expresarlle a Chacho Coudet e aos seus axudantes o seu máis sincero agradecemento pola entrega, honestidade e profesionalidade que mostraron desde o primeiro día da súa etapa en Vigo, na que sempre ofreceron unha actitude encomiable e realizaron un traballo excepcional, sen regatear esforzos e cunha implicación exemplar. O R. C. Celta quere ademais desexarlles sorte e éxito na súa nova etapa deportiva.
Comunicado oficial: 𝐄𝐝𝐮𝐚𝐫𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐮𝐝𝐞𝐭#GraciasChacho
— RC Celta (@RCCelta) November 2, 2022