Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta entra na parte máis esixente da temporada con cinco partidos en quince días

O Celta entra na parte máis esixente da temporada con cinco partidos en quince días

Este sábado viaxa ao campo do Español e o xoves disputa a ida do play off da Europa League diante do PAOK

G24.gal 13/02/2026 12:14

Claudio Giráldez ante un rival que se lle resiste. O Español de Manolo González agarda o sábado en Barcelona. Enfróntanse os dous adestradores galegos de primeira por terceira vez, e sempre gañou o de Folgoso do Courel, a última en Balaídos sen apenas tirar a porta. Derrota do Celta á que seguiron unhas desafortunadas palabras de Claudio.

Ambos chegan en dinámicas negativas. O Celta vén da derrota co Osasuna, empate en Xetafe e derrota en San Sebastián. E por diante apertase o calendario. En quince días xoga a eliminatoria europea co PAOK, a ida e volta. E os partidos de liga co Español, Mallorca e Girona. É a hora dos reforzos. Matías Vecino pendente de debutar podería facelo este sábado en Cornellà.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade