Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta elimina o Deportivo na Copa xuvenil (2-1)

O Celta elimina o Deportivo na Copa xuvenil (2-1)

Nájera adiantou o cadro coruñés. Aitor Mañas mandou o partido á prórroga, en que decidiu un gol de Hugo Álvarez

G24.gal 16/01/2022 14:34

O Celta impúxose por 2–1 ao Deportivo xuvenil na eliminatoria de Copa a partido único. O Deportivo adiantouse na primeira parte cun gol de Nájera e controlou o ataque do conxunto celeste. A dinámica do encontro mudou na segunda metade coa entrada de Antañón. O Celta comezou a xerar oportunidades e acadou o empate no 70 cun gol de Mañas.

A eliminatoria decidiuse na prórroga grazas ao gol de Hugo Álvarez cando se levaban dez minutos do tempo suplementario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade