Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta de Giráldez asina o mellor inicio das últimas nove tempadas

O Celta de Giráldez asina o mellor inicio das últimas nove tempadas

Claudio Giráldez igualou o inicio do curso que asinara o Celta de Eduardo Berizzo no campionato 2014-15

Foto EFE
G24.gal 16/09/2024 13:01 Última actualización 16/09/2024 13:07

O Celta, que este domingo gañou por 3-1 ao Real Valladolid en Balaídos, conseguiu asinar o seu mellor arranque ligueiro desde 2015, tras sumar nove dos primeiros quince puntos en xogo.

Invicto no seu estadio, onde derrotou a Deportivo Alavés, Valencia e Real Valladolid, o conxunto dirixido por Claudio Giráldez igualou o inicio do curso que asinara o Celta de Eduardo Berizzo no campionato 2014-15, o cal finalizou en oitava posición con 51 puntos.

O mellor arranque desde o último ascenso asinouno tamén con Berizzo na tempada que logrou o seu regreso a unha competición europea (2015-16). Liderado polo tridente formado por Aspas, Nolito e Orellana, aquel Celta sumou 13 dos primeiros 15 puntos en xogo.

A pasada tempada, con Rafa Benítez como adestrador, o Celta sumou tan só catro puntos no primeiras cinco xornadas. O técnico madrileño necesitou dez partidos para alcanzar os nove puntos que leva nestes momentos o seu último equipo na Liga.

O próximo partido ligueiro do conxunto celeste será contra o Athletic Club en San Mamés, onde buscará estrearse a domicilio. Nas súas dúas primeiras saídas foi derrotado por Vilarreal (4-3) e Osasuna (3-2)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade