O Celta chega a México sen Orbelín, que marcha cedido a Grecia
O Celta chega a México sen Orbelín, que marcha cedido a Grecia
Orbelín xogará cedido e sen opción de compra no AEK de Atenas
O Celta xoga o primeiro partido de pretemporada na madrugada deste mércores para o xoves.
Os celestes foron recibidos en Cidade de México por centos de persoas antes de medirse ao Pumas.
Soou a Rianxeira, había moitos afeccionados con orixes galegas e coa camiseta do Celta.
A expedición está minguada polas circunstancias. Poucos titulares da temporada pasada na lista que elaborou Eduardo Coudet. Pumas verificará esta versión B do Celta no Estadio Olímpico, o estadio dos xogos de 1968.
O presidente informou que Orbelín Pineda fará as maletas con destino Grecia. Xogará no AEK de Atenas. Alí coñece o adestrador, a Matyas Almeida. Irá cedido polo Celta e sen opción de compra. O Celta mantén a confianza en Orbelín pensando no futuro.