Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta busca rencontrarse coa vitoria na Liga diante do Mallorca

O Celta busca rencontrarse coa vitoria na Liga diante do Mallorca

O equipo vigués volve a Balaídos, nun partido que comeza mañá ás 18:30h

G24.gal 21/02/2026 13:52

Para o Celta complétase mañá unha semana que comezou ó grande, coa vitoria en Salónica, rompendo cos últimos rexistros do Paok e gañando un extra de confianza para a competición europea e tamén para a liga.

Mañá chega a Balaídos un Mallorca en descenso. O Celta leva catro partidos sen gañar na liga pero nun bo momento de xogo. Aínda non hai convocatoria para ese encontro pero si trascendeu que Sotelo e Álvaro Núñez non van ir convocados.

Esta mañá, tralo último adestramento, Claudio Giráldez apuntaba que aínda non sabía quen ía xogar. Preocúpalle especialmente un dos xogadores rivais: "Con respecto a Muriqi, sabemos o dianteiro que é. Non temos xogadores mellores ou peores, temos xogadores que intentarán competir con el", indicou o técnico.

O técnico abordou tamén outros temas importantes, como a renovación de Iago Aspas: "Non é unha decisión para tomar nun día. Sabemos o que queremos, que é que continúe. Todos o vemos coa enerxía para continuar, pero é unha decisión del"

Giráldez pediu tamén o apoio da afección: "Insto a todos a que nos axuden, e ao equipo que faga o esforzo de focalizar no partido. É un erro focalizar noutra cousa que non sexa o que temos diante, e vimos de catro partidos sen gañar", apuntou.

E rematou falando do erro na anulación do gol de Borja Iglesias en Cornellá: "Teño confianza, é bo que cando hai un erro se recoñeza. Gústame, e ogallá o VAR sirva para que o fútbol sexa máis xusto e haxa menos polémicas", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade