O Celta B remonta en San Fernando con golazos
Por primeira vez na temporada o equipo de Claudio Giráldez encadea dúas vitorias
Non foi un partido duro, pero si disputado, cheo de intensidade, en que o San Fernando foi mellor na primeira parte, e aí marcou por medio de Farrando, e en que o Celta B mellorou na segunda parte e conseguiu darlle volta no cuarto de hora final. O empate aconteceu no 75 grazas ao desbordamento de Miguel e o oportunismo do killer de Catoira Íker Losada.
E apenas catro minutos despois, non perdan o segundo, un balón ao espazo de Hugo Sotelo Tincho acabou por convertelo nunha obra de arte... Como fixa a Luis Ruíz e como busca.... Golazo de Tincho. Espectacular. O lateral que marabillou a temporada pasada a Coudet. "Ese rapaz que non deixaba de marcar co División de Honra". Esta xornada estreouse co Celta B, e o seu gol serviu pra asinar a segunda vitoria consecutiva do filial.