O Celta B, o equipo máis en forma da Primeira Federación
O Celta B, o equipo máis en forma da Primeira Federación
O filial celeste gañou16 dos últimos 18 puntos
O Celta B é o equipo máis en forma da categoría. Un equipo en crecemento constante, que en dez xornadas pasou de estar en descenso a situarse a dous puntos do play off. Xogalo non é o principal obxectivo pero xera unha gran ilusión.
Hugo Álvarez: "Estamos moi ilusionados porque é un filial que non está feito para o play-off pero podemos chegar"
O filial gañou 16 dos últimos 18 puntos ou o que é o mesmo, cinco vitorias e un empate en seis xornadas. Ante o Pontevedra tentarán prolongar este bo momento
Hugo Álvarez, con 19 anos, é un claro exemplo da adaptación á categoría dos xogadores novos, que deron un salto no seu rendemento dende o principio de liga. Rendemento que segue de preto o adestrador do primeiro equipo. A meta coa que todos soñan no filial.