Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B gáñalle ao Badaxoz e apunta a Riazor (2-0)

O Celta B gáñalle ao Badaxoz e apunta a Riazor (2-0)

Raúl Blanco e Miguel Rodríguez marcaron os tantos vigueses no primeiro tempo

Miguel non xogará contra o Deportivo por sanción

G24.gal 19/03/2023 19:07

Os números do Celta B asustan. Leva 32 dos últimos 39 puntos e a vindeira semana podería adiantar na clasificación ao Deportivo. Contra o Badaxoz volveu a dar mostras do seu poderío. Sen facer un gran encontro gañou cunha insultante superioridade.

Só ían catro minutos de partido cando Raúl Blanco marcou cun remate cruzado. Faltaban Iker Losada e Lautaro pero Raúl supliunos dun xeito sensacional. Antes da media hora Miguel Rodríguez moveuse por detrás da defensa e cruzou diante do porteiro pacense. O partido estaba resolto. 

O control dos de Claudio foi total. Case non concederon oportunidades ao equipo contrario e non xeraron máis perigo porque non o precisaban. A única nova negativa foi o cartón que viu Miguel Rodríguez, o quinto da súa conta co que non xogará en Riazor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos