Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B desperdicia innumerables ocasións e acaba pagándoo caro

O Celta B desperdicia innumerables ocasións e acaba pagándoo caro

Apañou o gol do empate do Fuenlabrada no último minuto, despois de dominar todo o partido

G24.gal 15/01/2023 14:36

Na Primeira federación, o Celta B empatou a un gol na súa visita ao Fuenlabrada. O partido foi de claro dominio celeste por ocasións e mesmo no marcador.

Lautaro colocou por diante os vigueses no minuto 13 do primeiro tempo. Pero xa na recta final do encontro, Fer Ruíz conseguiu o gol do empate para o conxunto madrileño. No segundo tempo o Celta B dispuxo de innumerables ocasións para lograr un resultado máis amplo cun disparo ao pau e outro ao traveseiro. 

O Fuenlabrada salvouse de recibir o segundo tanto e acabou logrando un empate que non mereceu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos