Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B cede un empate en dúas xogadas illadas

O Celta B cede un empate en dúas xogadas illadas

G24.gal 23/04/2022 19:50

Dúas xogadas illadas do Calahorra impediron que o Celta B sumase os tres puntos nun partido no que os de Onésimo tiveron un enorme caudal ofensivo.

A primeira clara do cadro rioxano foi no minuto 14. Gran pase en profundidade de Imanol Barace e mellor definición de Carlos Vicente, que marcaba o seu noveno gol nesta campaña.

E a partir dese momento o filial celeste medra coa pelota e aparecen xogadores como Lauti, que remata fóra un gran centro desde a dereita de Javi Castro.

O premio no 37. Outra boa xogada de Javi Castro, pase de Lautaro de León e gol de Gabri Veiga, con clase coloca a pelota lonxe do alcance de Julio Iricibar.

Empate a un, xogadores a vestiarios e Onésimo que lle dá 45 minutos a Miguel Rodríguez. Este responde cun par de boas xogadas con senllos lanzamentos que se van arriba...

E no 16, tras unha boa acción pola esquerda de Alfon, Miguel logra poñer por diante ao Celta B. Desvía a pelota e coloca o 2 a 1 no marcador de Barreiro.

Eran os mellores momentos de fútbol dos locais, pero nunha contra na que Gaizka Campos fai un paradón, a pelota vai a córner... e a saída dese envío desde o recanto, o porteiro do filial celeste non chapa un balón doado que lle envía Cristian Titi Fernández. Empate a dous.

A última de Holsgrove, tamén sen premio. Os de Onésimo seguen co Calahorra a 6, pero teñen ao Badaxoz a tres puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade