Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B cae con polémica ante Unionistas (0-1)

O Celta B cae con polémica ante Unionistas (0-1)

O partido decidiuse cun penalti moi dubidoso de Hugo Álvarez que transformou Iván Chapela

Unionistas quedou con dez, pero no tempo engadido o árbitro sacou fóra un posible penalti a prol do Celta 

Foto: @UnionistasCF
G24.gal 09/04/2023 19:34

O Celta B perde o paso dos equipos que loitan polo ascenso á Segunda División. Perdeu en Balaídos unha grande ocasión ante Unionistas, nun partido en que non estivo tan fluído en ataque como en partidos anteriores, e acabouno pagando.

O presidente Mouriño tomou asento disposto a ver en acción a Miguel, a gozar con outra gran xornada do filial. E acabou por presenciar unha derrota e mesmo bágoas nas facianas dos seus xogadores. 

Vaia por diante que o Celta B non xogou ben e que apenas dispuxo de opcións. Anoten unha de Miguel. Pero logo no que temos que deternos é no do árbitro. Porque o Celta B perdeu por un penalti. Unha caída de Chapela ante Hugo Álvarez que para o máis que dá é para tropezón do atacante, cando trataba de cambiar a dirección, coa bota do xogador celeste. O colexiado indicou penalti e aí marcou Iván Chapela. Minuto 59.

E logo veu o da outra área. Nos minutos finais. Co Celta B atacando. Hugo Álvarez foi ao chan pola entrada de Unai Veiga. A falta é sobre a liña e, polo tanto, penalti. Pero o colexiado sacouna fóra, frustrando a última ocasión do filial de sacar cando menos un punto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos