Cargando resultados...
O Celta B busca saír da crise cunha vitoria contra o cabeiro
Visita Balaídos o Talavera, a partir das 17:00 h en directo na G2 e G24
Os de Giráldez queren pasar páxina logo de dúas derrotas consecutivas
G24.gal
22/04/2023 12:58
As cinco desta tarde, desde Balaídos, o Celta B quere volver ao rego e para iso deberá superar ao cabeiro, o Talavera.
Claudio Giráldez non poderá contar con Miguel, Medrano ou Garrido. O técnico considera que esta mala serie de resultados das últimas semanas non é froito da relaxación, máis ben por trocar o obxectivo da permanencia polo de estar o máis arriba posible.