Cargando resultados...
O Celta B ascende á cuarta posición logo de empatar co DUX
G24.gal
03/04/2022 19:16
O filial do Celta empatou 1-1 na súa visita ao feudo do DUX Internacional de Madrid e ascende con 51 puntos á cuarta posición logo da derrota do Majadahonda e UD Logroñés.
Na primeira parte os de Onésimo levaron o peso do partido e o dominio da pelota, e atoparon o gol nas botas de Alfon no minuto 36 de partido. Os segundos 45 minutos semellaban controlados por parte dos celestes, pero cando restaban 13 minutos para o final Herrero igualaba a contenda.
Malia todo, o Celta B gozou de dúas oportunidades moi clara para marchar de Villaviciosa de Odón cos tres puntos no peto, pero nin Holsgrove nin Carbonell foron quen de furar a rede.