O Celta B agasalla aos seus unha goleada en Balaídos (4-1)
Gañoulle 4-1 ao filial do Athletic con goles de Fabrício, p.p, Cédric e Holsgrove
Patxi Salinas apañou os primeiros aprausos na súa volta a Balaídos, foron os primeiros de moitos de Balaídos.
Porque o Celta B volveu sacar a versión asoballadora e, en especial, na primeira parte pasou por riba do filial do Athéltic. Á media hora tomou vantaxe logo dun penalti de Lorente a Javi Gómez. Marcouno Fabricio. E a penas tres minutos despois chegou o segundo, de novo con Javi Gómez na acción e con Kortazar metendo a cabeza contra a súa propia porta. El non quería... Con ese 2-0 alcanzamos o descanso.
Na segunda parte, o Celta chegou menos pero estivo máis eficaz e logrou outros dous tantos. O 3-0 con centro de Holsgrove e remate difícil de Cedric. Miunuto 75. E no 77 o cuarto grazas a esa boa manobra de Holsgrove.
Con todo resolto, o Athletic acertou a recurtar as diferenzas grazas a ese centro de Pascual que culminou Guruceta. 4-1. Resultado que volve meter ao Celta na pelexa cos de arriba.