O Celta B acada un importante triunfo sobre o Linense en inferioridade
Damián adiantou o filial de penalti
Javi Rodríguez foi expulsado logo de caer na área noutro posible penalti
O Celta B acadou un importante triunfo contra o Linense, nun partido que comezou dominando e que acabo en inferioridade numérica. Abriu cun zapatazo de Javi Rodríguez que precisou da repetición pra esclarecer si entrou ou non na portería. Non entrou.
E logo para onde houbo que mirar con atención foi para a área da Balompédica Linense. Primeiro, na caída de Javi Rodríguez ante Cónnor. Que o colexiado indicou coma penalti. Protestaron os visitantes. Insistiron nun forcexeo. E marcou Damián.
Era o minuto 59 e foi unha das dúas xogadas clave. A outra tivo o propio Javi de protagonista. Xa vén que este lateral está en todas. Volveu pisar área e marchou ao chan tras a entrada de Omar. A repetición amosa unha cambadela e un erro do árbitro que amais lle sacou a segunda amerala e mandouno á caseta. Faltaban 18 minutos. Rush final no que apertou a Balona e tocou sufrir, con remates coma ese de Morante.
1-0 en Barreiro. O Celta B gaña e pasa páxina do tropeza de Riazor e amosa que segue con brio na carreira polo ascenso.