Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B abre a xornada da 1RFEF disposto a meter presión na zona alta

O Celta B abre a xornada da 1RFEF disposto a meter presión na zona alta

O partido contra o Sanse (sábado 17:00 horas) será televisado pola G2

O Rácing e o Deportivo xogan os seus partidos a domicilio

G24.gal 08/04/2022 20:21

Os equipos galegos da Primeira Federación descontan as xornadas para ir achegándose aos seus obxectivos. Quedan oito para que remate a temporada. Poida que o máis presionado sexa o Deportivo que, tras gañar en Riazor, visita un Athletic renovado en Lezama. A idea de Borja está clara.

Catro puntos por debaixo do Deportivo, na terceira posición, está o Racing. Xoga na casa da Cultural Leonesa. Os ferroláns non perden dende que visitaron o Sardinero o 26 de xaneiro. Dende entón, suman dez xornadas sen coñecer a derrota. Xeira extraordinaria que convida ao optimismo. Pero con cautela.

Cuarto na táboa é o Celta B que recibe en Barreiro o Sanse. A vitoria no derbi e o empate ante o Internacional de Madrid levan os de Onésimo aos 51 puntos, a dous do Racing e a seis do Deportivo. En Vigo prefiren non darlle demasiada transcendencia agora á clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade