Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta asina o mellor arranque ligueiro do últimas dez tempadas

O Celta asina o mellor arranque ligueiro do últimas dez tempadas

O equipo celeste é o terceiro mellor visitante da liga tras sumar 14 puntos a domicilio

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 15/12/2025 13:43 Última actualización 15/12/2025 13:49

O Celta de Claudio Giráldez, co seu último triunfo ante o Athletic Club (2-0), logrou asinar o mellor arranque ligueiro das últimas dez tempadas, cun balance de 22 puntos en 16 xornadas, catro máis dos que levaba o curso pasado a estas alturas do campionato.

Ademais, desde o último ascenso a Primeira División, só na tempada 2015-16, co arxentino Eduardo 'Toto' Berizzo como adestrador, o equipo vigués mellorou a puntuación actual. Naquela ocasión, os celestes levaban 31 puntos en 16 encontros.

A vitoria ante o Athletic permitiu ao Celta ascender á oitava posición, situándose a só dous puntos do Betis, sexto clasificado. O equipo celeste é o terceiro mellor visitante da liga tras sumar 14 puntos a domicilio en sete partidos. A súa única derrota produciuse fronte ao Elx no Martínez Valero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade