O castelo de Monterrei estará rehabilitado no verán de 2026
O presidente da Xunta visitou as obras e dixo que o Goberno galego busca transformar este conxunto arquitectónico histórico e dinamizar con el toda comarca de Monterrei
O goberno galego inviste na restauración 14,5 millóns de euros
O proxecto de rehabilitación do Castelo de Monterrei inclúe a recuperación dos edificios do Cuartel de Infantería, o antigo concello e o colexio de San Xoán e tamén melloras na praza do Mercado e na de Armas para aumentar o aloxamento do actual Parador.
Alfonso Rueda dixo que se trata dunha das obras de restauración máis ambiciosas emprendidas neste momento pola Xunta.
O Goberno galego quere converter a fortaleza de Monterrei nun dos referentes turísticos de Galicia.
"Dinamizar toda a comarca de Monterrei. Este ten que ser o buque insignia, o castelo é un dos sitios con máis historia e mellor conservada", dixo Alfonso Rueda.
A Xunta inviste máis de 14 millóns de euros na rehabilitación e agarda que estea rematada no verán do ano que vén.