Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Carballiño volve facer a tapa de polbo máis grande do mundo

O Carballiño volve facer a tapa de polbo máis grande do mundo

Supera o seu propio récord e consegue preparar case 600 quilos de cefalópodo

G24.gal 06/08/2024 21:27 Última actualización 06/08/2024 21:50

O obxectivo era elaborar unha tapa de 590 quilos en arredor de dez minutos. Conseguírono cun equipo de pouco máis de 40 persoas e da man da experiencia que lles outorgou a tradición.

A velocidade do corte destas mans expertas foi vertendo o cefalópodo sobre un prato de máis de cinco metros de diámetro. Despois de 50 litros de aceite, sete quilos de sal e tres de pemento, sacaron unhas 1.700 racións de polbo. 

Asistiron á consecución deste novo récord representantes de Noventa Padovana, unha vila italiana próxima a Venecia que é irmá da do Carballiño. Alá tamén teñen a súa festa do polbo, aínda que explican que hai diferenzas co polbo de aquí.

E na vila ourensá falan outra vez do eco internacional que lles dá volver facer de novo a tapa máis grande do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar