Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Carballiño prepárase para a 61ª edición da Festa do Polbo

O Carballiño prepárase para a 61ª edición da Festa do Polbo

Milleiros de persoas xuntaranse o domingo no parque municipal da vila 

Ao longo da semana calculan cocer preto de 4 toneladas de polbo

G24.gal 11/08/2023 13:49

Segundo os cálculos que botan as polbeiras, vanse consumir uns vinte mil quilos só o domingo e outro tanto no resto dunha semana entregada por completo ao produto estrela do Carballiño.

Roberto Pereira, presidente da Asociación de Pulpeiros do Carballiño-Arcos "É complicado entender nunha provincia de interior, sen mar, pero isto vén de moitos anos atrás. Seguimos mantendo o xeito de facelo".

Máis de cincocentos quilos xa se comeron o martes, nun abrir e pechar de ollos. A tapa de polbo máis grande do mundo desapareceu en cuestión de minutos, porque aquí non hai quen se resista. Por non contar os que veñen de fóra.

A festa celébrase nas rúas da vila e aquí, no parque municipal, onde xa levan uns días cos preparativos.

"Poñémoslle moito interese. Un pobo enteiro loitando para que isto saia ben", explica Aurora Baranda González, polbeira de Arcos.

A ración vaise vender a dez euros, outro aliciente máis.

Aurora Baranda González, polbeira de Arcos: "Que veña a xente sen medo porque hoxe, a dez euros, non o atopan en ningún sitio. Facémolo aquí para que se animen a vir".

Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, vai xa pola edición número 61, das máis antigas de Galicia, e non perde ritmo. Este ano contan con que sexa dos mellores, un novo récord para o seu marcador particular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade