Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cambio no sentido da circulación nunha vía xera polémica en Cangas

O cambio no sentido da circulación nunha vía xera polémica en Cangas

Os veciños da zona lamentan o rodeo que teñen que dar para poder acceder ás súas casas

G24.gal 17/04/2024 13:19

Ata hai pouco, na rúa do Viñal, na parroquia canguesa do Hío, era posible circular nos dous sentidos da marcha. A decisión de prohibilo non foi ben recibida polo veciños, que agora teñen que dar un longo rodeo para chegar ás súas vivendas ou propiedades.

Os atascos e a inseguridade que provoca a estreiteza da vía están detrás da decisión do Concello de instaurar un único sentido de circulación. Porén, os veciños din que só sería preciso no verán, cando se producen os problemas pola grande afluencia de xente ás praias.

Só un pequeno tramo mantén o sentido único. Os veciños queren recuperalo en toda a vía, pero será complicado. Unha opción podería ser ensanchala, para o que sería necesaria a cesión de terreos.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar