Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cambio das ministras Maroto e Darias será despois da moción de censura

O cambio das ministras Maroto e Darias será despois da moción de censura

Anunciouno o presidente do Goberno no cumio hispano-luso celebrado en Lanzarote

G24.gal 15/03/2023 17:19 Última actualización 15/03/2023 17:36

 O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que a crise de Goberno será despois da moción de censura que presentou Vox contra o Executivo e que se debaterá os días 21 e 22 de marzo no Parlamento.

Ademais, sinalou que se limitará á saída das dúas ministras candidatas nas municipais, Reyes Maroto e Carolina Darias.

  Así o afirmou hoxe o presidente durante a rolda de prensa conxunta en Lanzarote co primeiro ministro portugués, António Costa, tras o 34 Cumio hispano-luso celebrado na illa.

A titular de Industria, Reyes Maroto, encabeza a lista ao Concello de Madrid e a ministra de Sanidade, Carolina Darias, opta á alcaldía das Palmas de Gran Canaria.

 Segundo Sánchez, fixeron ambas un traballo "extraordinario" e vainas a botar de menos no persoal e no político, pero admite que agora teñen labores "importantes" polo que lles desexou "toda a sorte do mundo".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar