O cadro lucense, o equipo galego que máis animou o mercado
Hugo Rama deixa o club e asina co Real Oviedo
Fichou a Pablo Clavería e a última hora o extremo mauritano Idrissa Thiam (21 anos)

A marcha de Hugo Rama era un movemento co que non se contaba. O Lugo anunciou ás 22:30 horas o acordo para a marcha do centrocampista de Sigüeiro. Minutos máis tarde, o Real Oviedo confirmaba o seu novo destino. Despois de dúas temporadas e media no primeiro equipo do Lugo vaise un xogador que foi indiscutible na primeira parte da competición e que perdeu protagonismo desde o mes de decembro.
A marcha de Hugo Rama engádese á de Gerard Valentín, outra peza chave no ataque que nos últimos días anunciou que se ía ao Huesca deixando 400.000 euros nas arcas lucenses.
Fichaxe de Idrissa Thiam
No tocante a fichaxes anunciou a chegada de Pablo Clavería, mediocentro que chega procedente do Cartaxena, e a de Idrissa Thiam, un extremo mauritano que xogou no filial do Cádiz. Ten 21 anos e firma por dúas temporadas.
🔴|OFICIAL|🔴
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) January 31, 2022
👉 #IdrissaThiam, novo xogador do #CDLugo!
▶️ https://t.co/Xswbaqf0qa#BenvidoIdrissa #ForzaLugo pic.twitter.com/QC1MfCWQMA
O Celta non se moveu
O que non fixo movemento de última hora foi o Celta. Xa estaba todo o peixe vendido coa fichaxe de Orbelín Pineda (asinado hai meses pero que se fixo efectiva en xaneiro) e coa marcha de Okay ao Xetafe e Miguel Baeza que se foi á Ponferradina.