Publicador de contidos

Publicador de contidos

O buque semisomerxible máis grande do mundo atraca na Coruña

O buque semisomerxible máis grande do mundo atraca na Coruña

Ten capacidade para transportar máis de 100.000 toneladas

Partirá despois de cargar seis caixóns flotantes de formigón armado

G24.gal 08/05/2022 14:25 Última actualización 08/05/2022 14:35

Atracou no porto exterior da Coruña o buque semisomerxible máis grande do mundo. O Boka Vanguard ten capacidade para transportar ata 110 mil toneladas e mesmo ata un transatlántico.

Ten 275 metros de eslora e 70 de manga. Antes de partir vai cargar seis caixóns flotantes de formigón armado. Teñen 60 metros de longo, por case 30 de ancho e dez de calado.

Din desde a Autoridade Portuaria da Coruña que se trata dunha das operacións máis espectaculares a nivel visual en todo o sector naval. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade