Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán visita Badalona coa volta de Erik Quintela

O Breogán visita Badalona coa volta de Erik Quintela

G24.gal 08/10/2022 13:22

Erik Quintela é a gran novidade do Breogán para o partido de Badalona trala súa ausencia nas dúas primeiras xornadas por unha lesión. "É unha pequena molestia no tendón do soas. O que pasa é que como foi unha picada, non sabiamos se podía haber unha rotura, entón houbo que facer probas e demáis", explica o base lucense, que valora de xeito moi positivo a rápida adaptación das dez fichaxes realizadas polo equipo. "Temos a sorte de que todo o equipo sabe o que ven aquí, non hai xente que veña facer os seus números, a facer a súa película e marchar. Son xente que quere axudar o equipo a medrar e medrar eles dentro do equipo e fai máis fácil conxuntarse todos".

O bo inico breoganista, con dúas vitorias en dous partidos, contrasta coas dúas derrotas do Joventut. "Eles estarán con dúbidas,  aínda que querrán saír amosar que son un bo equipo. Temos que xogar con esa ansiedade que eles podan ter pola vitoria para tentar conseguir a terceira que sería moi importante". No Olimpic, Erik volve estar de rolda.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar