Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán suma a sexta vitoria da temporada en Sevilla (84-89)

O Breogán suma a sexta vitoria da temporada en Sevilla (84-89)

Os de Mrsic comezan a soñar cos postos da Copa

Foto: EFE
G24.gal 17/12/2022 20:45

Exercicio de consistencia do Río Breogán para sumar en Sevilla un triunfo de enorme, o sexto da temporada. O calendario, caprichoso, obriga nesta primeira volta aos celestes a recibiren en Lugo aos grandes e visitar as pistas dos rivais directos. Desta circunstancia está saíndo reforzado o equipo de Mrsic, que xa foi capaz de gañar en Murcia, Manresa, Xirona e agora na pista do Betis

Fronte aos verdes e brancos sobreviviu ao previsto, a un bobardeo exterior do rival que foi capaz de anotar 5 triplas. O máximo anotador da liga, Shannon Evans, consolidou ese privilexio con 30 puntos anotados. Un xogador que soou recentemente para o Real Madrid, un xogador cun talento descomunal. E ante iso que opuxo o río Breogán. A colectividade. Nun equipo no que é diifícil atopar unha estrela, neste caso erixiuse en protagonista Stefan Momirov. Respostou tamen con acerto desde o perímetro e 19 puntos en total. Decisivos os bases. A solidez de Sergi García e a eclosión de Justus Hollatz. E por dentro Etan Happ. 14 puntos, 7 rebotes e 5 asistencias foron os números doutro dos homes decisivos do partido.

O Breogán mandou case sempre, pero por diferenzas mínimas. Nun final a cara ou cruz, Nakic anotou dous tiros libres decisivos logo de rebote ofensivo e daquela, daquela non, non entrou a triple de Evans. O Breogán adquire máis marxe catro triunfos, sobre o descenso e poder soñar, porque non, coa Copa.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade