Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán suma a primeira derrota tras unha mala segunda parte en Badalona

O Breogán suma a primeira derrota tras unha mala segunda parte en Badalona

Despois das dúas vitorias na estrea, o Breogán deixou fuxir a vantaxe contra o Joventut

Nenadic foi o mellor xogador dos de Mrsic

Foto: @Penya1930
G24.gal 08/10/2022 23:12

O Breogán perdeu en Badalona a ocasión de manterse invicto e de sumar a terceira vitoria consecutiva neste inicio de campaña. Perdeu contra o Joventut un partido en que competiu ata o descanso, con vantaxes importantes no marcador. Pero os de Mrsic viñéronse abaixo totalmente no terceiro cuarto, que rematou cun parcial de 21 a 5 a prol dos locais. No último cuarto os galegos xa non puideron engancharse ao partido, e volveron ceder por 22-13, o que se traduciu nese 85 a 66 final. 

Nenadic foi o mellor xogador do Breogán. Anotou 18 puntos e sumou 21 de valoración. So Bamford e Sergi Quintela chegaron á decena de puntos. Eses números contrastan cos 22 puntos de Ellenson, que sumou 30 de valoración. Malia a derrota, o Breogán segue na zona alta coas súas dúas vitorias iniciais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade