Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán segue en descenso tras sufrir en Badalona a cuarta derrota seguida (78-70)

O Breogán segue en descenso tras sufrir en Badalona a cuarta derrota seguida (78-70)

Os de Mrsic seguen unha semana máis en postos de descenso

McLemore anotou 19 puntos

Axencia EFE
G24.gal 02/03/2024 20:58

O Joventut gaña con certa facilidade a un Breogán que segue co seu pesadelo nesta temporada.

O partido comezou moi igualado, con alternancias no marcador entre ambos conxuntos, pero entre as que ningún dos dous era quen de afastarse no marcador. Tras varias boas defensas consecutivas do Joventut, o conxunto local conseguiu unha máxima de vantaxe de 6 puntos, aínda que finalmente o primeiro cuarto rematou 16-14.

O segundo cuarto non estivo tan igualado como o primeiro. Os cataláns metéronlle unha marcha máis ao partido e axiña conseguiron ampliar a súa vantaxe no marcador. Chegaron a ter unha máxima de 12 puntos, aínda que os de Mrsic diminuíron a diferenza ata os 10. Ao descanso, 40-30. 

No terceiro acto o conxunto galegos volveu dos vestiarios con moita intensidade e fixo un gran traballo defensivo nos primeiros minutos, nos que reduciu a diferenza a seis puntos. A alegría non durou moito, xa que pouco a pouco o conxunto catalán foi recuperando sensacións. Tanto que chegou a ampliar a renda que levou ao descanso e o terceiro cuarto rematou cun marcador de 60-49.

No ultimo período non houbo cor. O Joventut acadou axiña unha vantaxe de 17 puntos e xa non houbo partido. A partir de aí, foi todo un intento do Breogán por achegarse no marcador e reducir o average de cara á clasificación xeral. O resultado final, 78-70. Os 19 puntos de McLemore non serviron para nada.

Os cataláns entran en playoff, mentres o Breogán continúa en descenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade