Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán recupera a Sergi Quintela e está pendente de Momirov

O Breogán recupera a Sergi Quintela e está pendente de Momirov

Mrsic: "Co apoio da afección será máis doado, pero hai que suar moito para gañar"

G24.gal 17/03/2023 13:22 Última actualización 17/03/2023 13:26

O Río Breogán recuperará para o partido deste domingo co Casademont Zaragoza a Sergi Quintela, que se atopa restablecido dunha fascia plantar. O menor dos irmáns Quintela causou baixa os dous últimos meses e esta semana reincorporouse ao grupo.

O adestrador do Breogán Veljko Mrsic confirmou a volta do escolta ao traballo co equipo e desexou que "todo vaia ben e volva xogar o domingo".

O técnico está pendente do serbio Stefan Momirov, que presenta un "pequeno problema nas costas" e está pendente de evolución.

Ante o Zaragoza, Mrsic pide intensidade:

"Co apoio da afección será máis doado, pero hai que suar moito para gañar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar