O Breogán quere saír da crise gañando en Xirona
Leva tres derrotas consecutivas
Mrsic recupera a Lukovic
O adestrador do Breogán Veljko Mrsic valorou a situación do seu equipo cara ao duelo deste domingo ante o Xirona:
"Bamforth fixo este xoves o seu primeiro adestramento da semana, Lukovic tamén se reincorporou ao equipo, e a ver como evoluciona para ver se podemos contar con el para o próximo partido. Veremos canto tempo necesita para estar ao cen por cento. Fixemos un bo traballo e espero estar mellor que nos últimos dous partidos. O equipo está ben, temos aínda un calendario complicado na casa e fóra ante rivais directos. Tivemos un baixón de forma tras as ventás pero espero ver un Breogán con opcións para gañar en Xirona".
O adestrador do equipo lucense tamén se referiu ao rival:
"É un equipo que subiu tras varios anos e ten dúas iconas do baloncesto español nas súas filas, como son Marc Gasol e Aíto García Reneses no banco. Seguro que necesitan gañar porque só levan dous triunfos, pero nós tamén. É un rival con xogadores veteranos como
Gasol, Quino Colom e Oriola".