Cargando resultados...
O Breogán pon a proba en Bilbao a súa recuperación
O equipo conta co apoio de 300 afeccionados
G24.gal
03/12/2021 14:53
O Breogán xoga o domingo na pista do Bilbao Basket. Veremos que imaxe ofrece o equipo despois do gromo de COVID que sufriron e o feito de ter que adestrarse en solitario durante varios días. O partido ante o Joventut foi adiado para o 30 de decembro. Bilbao só ten 3 triunfos e o Breogán soña con poder disputar a Copa do Rei. Paco Olmos louba o apoio do público. Haberá 300 breoganistas en Bilbao.
Paco Olmos: "Teremos un gran reforzo pola presenza de breoganistas". "Imos chegar con bo ánimo e enerxía, oxalá tamén con capacidade para xogar ben".