Cargando resultados...
O Breogán confirma a fichaxe de Víctor Arteaga
Fixo a pretemporada co equipo a temporada pasada, en que acabou xogando en Andorra
G24.gal
27/07/2022 15:14
Última actualización 28/07/2022 15:51
O Rio Breogán anunciou a chegada de Víctor Arteaga. O pivote, de 30 anos e 2,12 de estatura, xa fixera a pretemporada co Breogán o ano pasado, pero a chegada de Jordan Sakho deixouno sen praza no equipo. Arteaga acabou xogando en Andorra, onde promediou 6 puntos e 3,7 rebotes por partido. Chegou a debutar coa selección española.