Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán está ante o reto de gañarlle ao equipo con máis capacidade ofensiva da ACB

O Breogán está ante o reto de gañarlle ao equipo con máis capacidade ofensiva da ACB

Ante Baskonia, Mrsic ten as baixas de Nakic e a xa coñecida de Lukovic

Foto @CBBreogan
G24.gal 28/04/2023 13:34 Última actualización 28/04/2023 13:39

O Breogán visita o domingo a Baskonia. Outro grande da competición que pelexa por acabar de primeiro na liga regular. Para este partido, Mrsic ten as baixas de Nakic e a xa coñecida de Lukovic. Gañar non será doado. Desde Lugo poñen en valor o potencial do equipo de Joan Peñarroya.

Mrsic: "Baskonia xoga Euroliga. É moi físico, atlético e con bos tiradores".

O Breogán vai enfrontarse ao equipo con maior capacidade ofensiva dos últimos anos na liga Endesa, o Baskonia. O conxunto vasco é o máximo anotador da liga cunha media de 92,6 puntos por encontro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar