O Breogán emprega a última bala do mercado no base Justin Robinson
Será o cuarto xogador nesa posición logo das fichaxes de Sisko, Framkamp e Gray, que non renderon ao nivel agardado
O Río Breogán emprega a última ficha que lle queda no mercado de fichaxes en reforzar a posición de base. Había dúbidas se utilizala para contratar un pivote (a outra posición máis mminguada do equipo) pero a decisión final é a de traer a Justin Robinson.
Robinson (26 anos, 185 cm) vén de xogar nos Illawarra Hawks da Liga Australiana. Alí mediou 11'8 puntos e 2'8 rebotes por partido. Tivo catro contratos temporais na NBA en Washington, Oklahoma, Detroit, Milwaukee e Sacramento, pero case sen gozar de minutos. A súa etapa formativa (2015-19) completouna en Virginia Tech, onde mediou 14 puntos e 5'6 asistencias no seu mellor ano.
A primeira aposta do equipo foi Sisko, que deixou o club por motivos persoais. Logo, chegou Framkamp, que non colleu a forma axeitada e agora está en Palencia. Rob Gray apenas durou dúas semanas, e a derradeira opción á que se agarran será a de Robinson.