Cargando resultados...
O Breogán e o Obradoiro afrontan os seus partidos a domicilio con ausencias sensibles
Lukovic non xogará co Breogán e Paige co Obradoiro
Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal
28/10/2022 13:17
Última actualización 28/10/2022 13:23
Tras a boa imaxe ofrecida ante Bilbao Basket, o Rio Breogán visita mañá a pista de Manresa coa baixa segura de Lukovic. Mrsic non se fía do mal inicio dos de Pedro Martínez, cunha única vitoria en 5 partidos.
Á mesma hora o Monbus Obradoiro xogará na pista de Granada. A Moncho fernández preocúpanlle as numerosas perdas e os problemas do equipo na liña exterior. Paige está mancado e Westermann segue con molestias físicas.
O rival, o Granada, non ten números dun recentemente ascendido. Suma xa tres vitorias. Moncho eloxiou os seus puntos fortes.