O Breogán cede no último minuto co Barcelona (74-78)
O Río Breogán loitou polo triunfo ata o último minuto fronte a todo un Barcelona, que demostrou en Lugo que non está no seu mellor momento de forma. Tentou marcar diferenzas de inicio pero os lucenses opuxeron unha resistencia férrea, cunha defensa óptima e sen dar opcións no rebote defensivo.
O base alemán Justus Hollatz realizou o seu mellor aprtido como breoganistam, con 16 puntos. Foi un dos alicerces do equipo de Mrsic, que tivo o seu momento no ecuador do último cuarto, cando logrou tres puntos de vantaxe e tivo un tiro libre de Nenadic para ampliar as diferenzas.
Pero o que chegou foi a reacción barcelonista, da man da súa estrela. Nikola Mirotic achegou 16 puntos e logrou a tripla definitiva, xa no último minuto, que colocou un inaccesible 71-77. Uns segundos antes, Bamforth, tivera a opción de colocar os seus a só un punto.
O Breogán queda na clasificación con cinco vitorias e seis derrotas.