Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán busca dar a sorpresa ante o poderío do Barcelona

O Breogán busca dar a sorpresa ante o poderío do Barcelona

No Breogán están todos dispoñibles. Despois de gañaren en Xirona, buscarán a sexta vitoria ante un dos grandes

Foto @CBBreogan
G24.gal 09/12/2022 13:35 Última actualización 09/12/2022 13:39

Na ACB, volve o Barcelona a Galicia unha semana despois de perder co Obradoiro. Ese partido foi visto varias veces estes días por Veljo Mrsic e os seus colaboradores no Río Breogán.

Mrsic non engana a ninguén. As opcións do Breogán pasarán en boa medida pola actitude que traian os de Jasikevicius, pero os lugueses xogan co apoio da bancada:

"Na casa debemos dalo todo para gañar".

O Barça xoga esta noite partido de Euroliga, onde leva tres derrotas, e en menos de 48 horas estará no Pazo. Na ACB tamén levan tres derrotas

"Non hai moito que falar deles, aspiran a todo".

No Breogán están todos dispoñibles. Despois de gañaren en Xirona, buscarán a sexta vitoria ante un dos grandes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade