Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán busca a novena vitoria diante do UCAM Murcia no Pazo (20:00h)

O Breogán busca a novena vitoria diante do UCAM Murcia no Pazo (20:00h)

Os de Luis Casimiro impuxéronse con autoridade no enfrontamento da primeira volta en Murcia

G24.gal 07/02/2026 12:18

Unha das actuacións máis sólidas e convincentes do Río Breogán nesta temporada foi en Murcia. Vitoria por 13 puntos de diferenza cuns imperiais Cook e Brankovic. Fora daquela os segundo triunfo en liga para os lucenses. O Murcia mantivo a súa liña sólida, a que lle permite empatar na clasificación con Barcelona, Unicaja e Baskonia.

Un dos protagonistas do partido será o croata Toni Nakic. O pasado verán puxo fin a tres temporadas en Lugo. Cambinouno por un UCAM Murcia onde está a ser un xogador fundamental para Sito Alonso. O seu momento álxido, a semana pasada, coa tripla da vitoria fronte ao Barça.

Coa importante baixa de Bakary Dibba afrontará o Breogán o partido de hoxe. A meta, a novena vitoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade