Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán asina a Justin Anderson, un aleiro con sete anos de experiencia na NBA

O Breogán asina a Justin Anderson, un aleiro con sete anos de experiencia na NBA

O xogador dos Estados Unidos chega para substituír de xeito temporal a baixa de Toni Nakic

G24.gal 25/10/2023 21:50

O Breogán móvese nos despachos para tentar paliar as baixas por lesións neste accidentado comezo de temporada. Nos últimos partidos só puido ter nove xogadores para a rotación e facíase imperiosa a necesidade de traer efectivos. 

O club anunciou a fichaxe de Justin Anderson, un aleiro que está a piques de facer os 30 anos e ten unha ampla experiencia na NBA. Anderson (198 cm) foi seleccionado por Dallas en 2015 e pasou por Philadelphia, Atlanta, Brooklyn, Cleveland e Indiana. Os seus mellores rexistros datan da temporada 16-17, en que mediou case nove puntos en 22 minutos por partido cando fichou por Philadelphia. 

A pasada temporada xogou na liga de desenvolvemento da NBA, onde mediou 19'6 puntos, 5'2 rebotes e cinco asistencias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos